Arranca a 4ª edición do concurso 1 idea , 1 árbol

1 idea 1 arbol
Pazo de Vilane lanza hoxe a 4ª edición da campaña 1 idea , 1 árbol, mediante a cal invita ós seus consumidores dos seus ovos camperos de galiñas en liberdade e marmeladas artesás de frambuesa, arandos ou tomate a compartir o uso que se lle dan as caixas. Por cada idea recibida, comprometémonos a prantar un árbol durante o próximo inverno. “Cada ano recibimos novas ideas e a imaxinación nunca se agota. De feito, algunhas persoas síguenos enviando propostas durante o ano, aínda que o concurso xa terminou. Con esta iniciativa coidamos o medio ambiente a través da reutilización das caixas de cartón e prantando árbores na Comarca da Ulloa“, declara Piedad, Directora de Marketing e Comunicación de Pazo de Vilane. Entre todas as persoas que participen da 4ª edición 1 idea, 1 árbol realizarase un sorteo de dez lotes de productos de Pazo de Vilane, integrado por ovos camperos, marmeladas de tomate, arando e frambuesa, un delantal e unha taza vintage. As ideas poden reflexarse nun texto, foto ou nun video. Os canais de recepción son a través do correo electrónico comunicacion@pazodevilane.com, as redes sociais nas que está presentes Pazo de Vilane (Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin y Google+) ou no correo postal: Vilane 31 27570 Antas de Ulla (Lugo). Os hashtag do concurso son: #1idea1arbol #cajadelagallinita #huevocampero Durante as tres primeiras edicións,  Pazo de Vilane recibiu casi 450 ideas sobre cómo reutilizar a caixa de ovo campero que se deron a coñecer a través do blog da empresa e das redes sociais. Entre elas usar a caixa para gardar especies, infusións, ferramentas, velas, coleccións ou xoguetes ou fabricar un telégrafo, un invernadeiro, un reloxo solar, un teatro de guiñol ou comederos para páxaros ou gatos. Dende os seus inicios en 1996, Pazo de Vilane leva adiante unha filosofía centrada no respeto ó medio ambiente, que se reflexa no coidado das galiñas en liberdade, nas fincas destinadas a cultivos ecolóxicos e as caixas de cartón reciclado en todos os seus productos.